Este proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia e conta coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da Rede de Dinamización Lingüística

Viravolta Títeres emprende este proxecto a modo de continuación do que se realizou no ano 2020 representando o espectáculo Cómicos da Legua no Camiño de Inverno.
Nesta ocasión queremos realizar unha experiencia similar no Camiño da Raia Seca entre Oímbra e Trasmiras, facendo paradas en lugares dos concellos de Oímbra, Monterrei, Cualedro e Xinzo de Limia. Ao mesmo tempo realizaremos unha curtametraxe documental para divulgar o proxecto e que servirá como testemuña da experiencia.
Cómicos da legua na raia seca achega as formas tradicionais da arte escénica popular europea que viaxaron a través das peregrinaxes, desde a Idade Media ata a actualidade.
Estes cómicos da legua peregrinando a Santiago de Compostela, estarán os días 8, 9 e 12 de outubro en Oímbra, Monterrei, Verín, Xinzo de Limia, Cualedro e Trasmiras.

Xinzo de Limia: 8 de outubro, 12.30 h. realizarán o seu espectáculo ao seu paso pola Praza Maior
Monterrei: 8 de outubro ás 18:00 h. no Castelo
Oímbra: 9 de outubro, pola mañá, no Lagar de Xan Preto, donde os veciños estarán asistindo á recreación do pisado de uvas.
Verín: 9 de outubro ás 18:00 h. na Praza da Preguiza, amenizarán ós veciños na festa que celebran alí.
Trasmiras: 12 de outubro, Ofrecerán o seu espectáculo ás 12:00 h. na praza do concello
Cualedro: 12 de outubro ás 18:00 h. na alameda e proseguirán a súa peregrinación a Santiago de Compostela