Yo quisiera ver este mundo desde la perspectiva de la otra ribera. Ramón del Valle-Inclán, Martes de Carnaval. 1930.
Di Castelao que non se soubo o que lle respondeu o vello ao rapaciño que, na beira do Miño, formulou en voz alta o pensamento ´E os da banda d´alá son máis estranxeiros que os de Madrí?´
Con bo pé písanse os camiños que cara Santiago de Compostela atravesan Oímbra, Verín, Monterrei, Cualedro, Trasmiras e Xinzo de Limia. Camiñar e ollar!. Pisadas e miradas que deixaron pousos nos ollos de cómicos que cos seus tarecos recorreron no comezo do outono unha pequena parte da “raia seca”, seducidos polo seu público xeneroso e o carácter infindo da súa cultura popular.
Os cómicos sempre, con respecto e cariño, precisan das palabras escritas, recitadas, cantadas… de homes e mulleres que habitan os lugares nos que representan o seu oficio de titiriteiros. Deste modo nos presentan Evaristo Correa Calderón e Manuel Rodrigues Lapa este territorio.
¨… O que sobretudo importa é recoñecer que somos realmente irmãos, pertencemos à mesma grei. Criar obstáculos a essa evidente fraternidade afigur-se-nos un erro imperdoável, em que infelizmente, alguns portugueses e galegos têm incorrido”. Manuel Rodrigues Lapa
“.. Etnografía, paisaxe, amizade, lingua, todo une a terra galega a súa irmá, a terra de Portugal… Oito séculos de afastamento oficial non foron suficientes para separar esa patria espiritual formada por Portugal e Galicia na cal se fala a mesma lingua ” Evaristo Correa Calderón

A ´raia seca´ é máis unha cosedura que unha fronteira. Unha cosedura que xunta o Sueste Ourensán (Galiza) e Tras-os-Montes (Portugal).