No Concello de Trasmiras a neboa foi deixando paso ao sol para permitir o espectáculo na rúa.
Na Casa de Cultura podíase disfrutar dunha exposición fotográfica con imaxes das vidas dos habitantes do concello desde os anos 50. Algunha das persoas fotografiadas, de seguro na súa memoria gardará recordos do bululú e das súas coplas, así como dos cómicos itinerantes que atravesaban o camiño cara Santiago de Compostela desde Portugal.
Nun pequeno xardín e grazas as cadeiras da Casa da Cultura construíuse un atrativo teatro con platea. Maeseseisdedos e Matapitos co grito de “ollo o cego que non ve… pero apalpa” anunciaron e convocaron ao gran espectáculo que se podería ver ás 12 en punto.

Colgouse o cartel de completo! Unha función especial e gratificante!
A N-525 é a ´raia´que atravesa Trasmiras. Dun lado o teatro surxido espontaneamente, doutro dous bares con espectadores reacios. Uns espectadores que dín “ é teatro para nenos”. Mudaron de pensamento e o pouco claudicaron, cruzando a ´raia de asfalto´ atraídos polo son das coplas, dos romances, das risas, das marionetas e das cancións galegas e portuguesas das que cómicos e público raioto son coñecedores.
