Xinzo de Limia (Praza maior ás 13:30h)
Os cómicos chegaron á Praza Maior
Un pequeno pasacalles polas rúas que desenvocan nesta praza para anunciar e atraer o público a esta praza dominada pola pantalla, estamos no territorio do entroido, da transgresión e a crítica.
Destacar a visita de Gabriel Alén Castro – Delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense- co que intercambiamos reflexións sobre o proxecto e a repercusión nun público interxeracional, así como as necesidades de recoñecemento e protección do inmenso patrimonio oral que posuímos e de propostas que arredor do Camiño de Santiago favorecen a internalización da nosa cultura popular.
O público, como se pode apreciar na fotografía, tiña una ábano amplo de idades, que permite segundo a experiencia individual realizar distintas lecturas, máis visual nas idades temperás e máis reflexiva nos adultos.