Castelo de Monterrei

Deixamos atrás o Limia e chegamos a terras do Tamega para marabillarnos da beleza do Val de Monterrei e percibir o peso histórico do espazo no que nos convidaron a representar! 

Co decorado de granito do Castelo de Monterrei, bo coñecedor  dos tempos convulsos sufridos polos habitantes deste territorio ao longo de séculos, fumos o encontro dun público  que agardaba pola visita guiada. Representamos  ´Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón´, retallos da vida do famoso bandoleiro galego que inspiraron a Valle-Inclán  Las galas del difunto  do esperpento Martes de carnaval. Os rápidos aplausos para chegar a tempo da visita guiada propiciaron unha reflexión co concelleiro e o técnico responsable. Unha conversa frutifera  sobre a potencia do teatro, do pequeno formato para atraer público a estes espazos.  

Imagen que contiene pasto, exterior, campo, parado

Descripción generada automáticamente