Verín (Praza da preguiza)

Na Praza da Preguiza comprobamos a dicotomía rural/urbano. Novas realidades  que xurden e se van impoñendo nos concellos de máis poboación, nalgúns casos con perda da identidade propia e da singularidade.

A escasos kilometros convivían unha festa que cohesiona aos habitantes dun lugar, que acolle aos que se achegan a partir da cultura propia, unha festa co marco da paisaxe natural na que se vive e chegamos a outra, importada, “festa da cervexa” co fondo dunha gran carpa transparente situada nun espazo aberto. Novas feiras e festas onde os cómicos comparten os espazos co aparcamento, hinchables, postos de comida e bebida…  Neste medio sentimos, unha vez máis, que o teatro crea espazos impermeables a condicións externas non  moi favorables nos que público e cómicos comparten un código baseado na tradición oral.  

Cos ecos de reggaetón achegouse o público á moqueta disposta para que tomara asento pero que espectadores adultos e infantís convertiron en escenario  para os cómicos.  Unha lagoa cuadrada  atravesada por unha  ´raia´ que semellando separar realmente xuntaba.

Agradecemos á concelleira de cultura e persoal do concello a súa disposición para facilitar as mellores condicións posibles para a representación.