Viravolta Títeres

En 1982 Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado formamos a compañía Viravolta títeres, unha das máis antigas de Galicia. Na actualidade dispoñemos dun repertorio amplo con máis de 30 obras de diversos formatos: animacións de rúa, espectáculos de medio e gran formato, en moitos deles combinamos as marionetas coa música, de cámara ou tradicional.

Nos anos 90, dentro de Viravolta títeres, xurdiu outra compañía, Seisdedos, especializada en espectáculos de pequeno formato, adaptados a calquera espazo escénico e nos que marionetas e actores comparten escenario.

En 1998, con motivo do 15 aniversario da primeira estrea de Viravolta títeres, realizamos unha exposición conmemorativa no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, na que amosamos monecos, escenografías, fotografías e demais materiais das montaxes realizadas. Esta exposición foi o punto de partida para a creación do extinto Museo Galego da Marioneta, que contou con marionetas, atrezzo, carteis… e unha biblioteca especializada, unha das máis completas do estado.

Ademais da produción e distribución de espectáculos realizamos outras actividades a través de Viravolta Enredos: obradoiros, cursos, exposicións, programacións (Titerentroido, Titirideza e Cantos e contos do Nadal… sempre relacionadas co mundo dos títeres.

Contacto:
645 137 031
629 339 840
viravolta@viravolta.es 
viravolta.es